NORMAS de ALDEBARÁN

Aldebarán é un blogue que aposta pola liberdade de expresión e pola achega dos lectores para crear e enriquecer o debate sobre os contidos dos que falamos.

Para promover e manter ese ambiente de intercambio útil e libre de opinións, establecín un conxunto de normas sinxelas que teñen como obxectivo garantir o desenvolvemento adecuado deses debates. O non cumprimento supoñerá a eliminación do comentario.

  1. Non se admitirán comentarios que non garden relación algunha co tema dos artigos deste blogue, que inclúan difamacións, agravios, insultos, ataques persoais, ameazas, menosprecios nin, en xeral, comportamentos que tendan a menoscabar a dignidade das persoas, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao meu xuízo, non resulten adecuados para a súa publicación. Se algunha ou varias destas circunstancias concorren, procederase a eliminar os devanditos comentarios.
  2. Tampouco están permitidas publicacións que poidan contravir a lexislación vixente do Estado Español e da Unión Europea ou falten gravemente á verdade probada (ou non) xudicialmente, como calumnias, ou promovan actitudes violentas, racistas ou instiguen ao odio contra algunha comunidade. Estes comentarios serán suprimidos polos administradores da web.
  3. Non se permiten publicacións reiteradas de ligazóns a sitios concretos de forma interesada (spam), dado que o espazo dos comentarios non pode servir como promoción de blogues persoais ou outros proxectos con fins promocionais.
  4. Si se acepta, pola contra, calquera clase de ligazón que amplíe, puntualice ou enriqueza a información sobre a que se fala, e que resulte por tanto útil para todos os lectores.
  5. Non se admite a publicación de datos persoais sensibles (números de teléfono, direccións postais, direccións de correo ou outros relacionados) que vulneren a nosa política de protección de datos, debido a que esa é información que pode provocar problemas a quen a publica ou a terceiros ao non poder saber a quen pertencen eses datos. Do mesmo xeito non se permite a publicación de datos co obxectivo claro de establecer contactos persoais.
  6. Tamén serán suprimidos os comentarios que conteñan información que sexa obviamente enganosa ou falsa.
  7. Non se permitirán comentarios anónimos nin aqueles realizados por unha mesma persoa con distintos alcumes, ou os que tenten forzar un debate ou unha toma de postura por outro usuario.

Aldebarán non é nin será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través das ferramentas de participación así como da opinión dos seus autores e colaboradores, que en ningún momento expresarán necesariamente a opinión do blogue.

Finalmente, a norma que as resume a todas é o respecto aos demais e ao propio blogue e o seu propietario e autores. Agradécese de antemán a todos os nosos seguidores o seu interese, o seu esforzo e a súa achega.

Documento revisado o 23/05/2020.