Todas as paredes – 3

Ti pensas que alguén podería matar a alguén dese xeito? Joder, que a ese home mordérono ata matalo! Ti miraches as fotos? Primeiro arrincáronlle a cara a dentadas, e logo quen llo fixo arrincoulle medio pescozo! Morreu desangrado! Pensas que alguén pode estar tan tolo! Alí dentro hai homes que teñen feito verdadeiras salvaxadas. Ben o sei. Pero iso… E ademais, os forenses dixeron que as feridas coincidían cos dentes dun can…

Cala. Volve a cavilar. Trata de decidir algo.

—Mira non debería contarcho porque non mo vas crer. Igual que non me criches antes co de que o can entendía como entende unha persoa calquera. Seino. Mireino nos teus ollos. Si, non me poñas esa cara. Noteicho. Hai nada a cara reviróuseche uns segundos nun xesto estraño. A boca torta e un ollo máis aberto que o outro. Sabes? Eu quedo cos detalles. Teño esa habilidade. Fíxome nesas cousas.
—E que o que me está contando resulta canto menos inverosímil! Que un can poda entender perfectamente o que sucede entre dous humanos…
—Pois foi así. Tal como cho contei. O can sabía e entendía perfectamente…
—Non sería o que quixo entender vostede? Ou o que imaxinou?
—Se o can puidese falar diríalle ao home que parase! Eu estaba alí. Mireino. En serio, se non queres crer no que digo, non sei para que carallo ves falar comigo.
—Para ser sincero é difícil de crer.
—Pois é o que pasou!
—Tampouco é preciso que se enfade!
—Mira, vai ser mellor que marche… teño moita lea na casa. Adeus.
—Pero…
—Non, síntoo. Que teñas boa tarde.

Continuará…

Todas as paredes

#Rapaz #Can #Graffiti #Relato #Conto