Polo tanto, xa postos, por que non contar as cousas que un escritor conta, é dicir, a súa propia vida, non do xeito que foron, se non dun xeito distinto, ao gusto do consumidor, e así, de paso, exorcizar algún dos demos que habitan nos propios miolos?
Relato
Unha cama desordenada, 2
Pero como se pode loitar contra a entropía? A tela non ten memoria pois é unha orografía de vales e serras que se reinventa a si mesma cada novo día. Só un tolo, un desesperado atreveríase a unha tarefa así, porque é a loita imposible de intentar perpetuar as engurras que deixou o corpo da muller nas sabas, de recompoñelas, de facelas eternas, como se fose un ourive que tece abelorios con grans de area.
Unha cama desordenada, 1
Nalgún lugar hai un cuarto en permanente penumbra e nese cuarto unha cama desordenada.
A praia, 3
Máis iso será na noite. Agora, aínda baixo o sol, tes pracer dabondo ca túa soidade, co teu corpo espido sobre a area. As ondas máis decididas xa rozan as puntas dos teus pés. É a enchente que empurra ao mar praia arriba. Está ansioso. Devece da súa filla. Non sintes como chama por ti? Non escoitas o seu chamado? É un ruxe-ruxe morno, sedoso máis insistente. Reclámate.
A praia, 2
Que che parece? Coñézote, meniña do mar. A muller que es, agora, non asusta cun futuro tan negro como ese. Que lle den ao futuro. Que se foda o futuro enteiro!! Só importa o presente. Esta praia. O sol. O mar. O delicioso gozo que recorre a túa pel…
A praia, 1
Pecha lixeiramente os ollos. Sinte o pracer de estar co corpo espido ao sol. A praia convértese nunha lembranza dourada entre as sombras das cellas ou mesmo unha fotografía saturada e sobreexposta feita cunha vella cámara rusa. Sinte o contacto directo da fina area, cada gran rozando a túa dourada pel.
Betula oculis
A min encantábame saír a pasear, baixo o sol do inverno, polo bosque, paseos, interminables e silenciosos, que me traían paz. Camiñar entre os troncos que subían lixeiros e estirados cara o ceo azul, e tan brancos que mesmo parecían de prata, facíame sentir feliz, tranquilo, consciente. Imaxinábame tamén alto, delgado, rubindo cara as nubes e o sol e a sensación era case mística.
Os corvos e o corazón
Eu moito non terei, xa me mirades que son un tipo sinxelo, temeroso de todo e con moi mal gusto para a roupa, pero podo asegurar, e demostrar, se me faltan ao respecto, que teño unha gran habilidade.
Óscar e Félix, parte 3
Un día pasou algo. Ao volver a casa escoitei, polo rexoubeiro patio, a Oscar chorando. Ao parecer Felix marchara do piso. Eu non puiden deixar de pensar se realmente eles non serían, nun extraordinario intento da fantasía por imitar á realidade, a verdadeira estraña parella… tan grande era o paralelismo.