Se me pregunta por el direille o mesmo que lle diría a calquera: Paco morreu como viviu, feliz, soñando cas ondas do mar que tanto quería e cun sorriso perenne no medio da súa eterna barba.

Teño gravada a ferro na cabeza unha imaxe del: cada mañá, antes do raiar do día, camiñando cun soriso á gamela, co cabo dun cigarro na boca, e un caracol de patelas apiladas agochando o seu pucho.

Si, sempre sorriu e ninguén podería dicir que agochase tristeza algunha pola morte do teu tío no Gran Sol. Paco nunca lle botou a culpa ao mar, nunca, nin renegou del e saíu a pescar ata o derradeiro día.

María, seu avó sempre cheirou a mar.

Mariñeiro con patelas

#Mariñeiro #Patelas #Paco #Relato #Conto