O vento arrastra vacas, árbores, carros… incluso un granxeiro e con él, a súa granxa. No tellado, na súa esquina ao carón da cheminea, o galo do vento xira desnortado e case está a piques de botar a voar. Por riba da miña cabeza pasa un balado e unha muller, ca saia ensinando as enaguas, agarrada a el. Outra árbore case bate ca casa, maís animais, máis carros… o vento arrástrao todo.

Saio pola fiestra do tellado e arrástrome ca tripa ben pegada ás tellas. Cóllome cas mans unha a unha. Pouco a pouco achégome a esquina da cheminea. Agárrome aos seus ladrillos. O galo chirría, pedindo piedade. Achégome a el e susúrrolle ao oído que non teña medo, que xa o agarro eu, pero en realidade dígomo a min mesmo.

De súpeto todo remata. Suspiro aliviado. Por sorte, a miña casa segue en pé. A besta está exhausta, abafada… sen alento. Por fin deixou de soprar. Entón son eu o que toma aire, preparo o fusil, axusto a mira e apunto.

“Desta non pasa, mala besta peluda, por fin os porquiños estaremos tranquilos”, penso, e mentres disparo, comezo a cantar… “¡Quen teme ao lobo feroz, lalala lalala!”

#Vento #Vendaval #Casa #Relato #Conto