Un escritor sempre está a contar dalgún xeito a súa propia vida. Sinaládeme un escritor que non o faga e direivos “minte”.

Polo tanto, xa postos, por que non contar as cousas que un escritor conta, é dicir, a súa propia vida, non do xeito que foron, se non dun xeito distinto, ao gusto do consumidor, e así, de paso, exorcizar algún dos demos que habitan nos propios miolos?

Respondinme cun si rotundo.

Eu, polo meu lado, teño centos de historias propias, historias ás que lle daría unha volta, para que fosen contadas ao meu gusto. Historias listas para ser purificadas na fogueira. Pero de tantas… cal escoller de primeira? Non o dubidei. Tan só dúas palabras: “Amor interruptus”. Ou de como me convertín en estatua de sal no medio da rúa Venezuela.

Así comeza a historia…

Unha cama desordenada

#Final #Feliz #Relato #Conto