Imaxinade unha colmea de abellas. De súpeto entra nela unha vespa asiática. A colmea de abellas, enteira, lánzase á defensa da colmea. Atacan a velutina con rabia suicida, lánzanse contra ela en masa, para vencela só con números, aplastándoa, se cadra, só por vontade. Ao final as abellas logran reducir, e non escollín esta palabra polo azar, ao invasor.
Caderno de Bitácora
Un caderno de bitácora recolle os feitos dunha travesía. Eu quero recoller OPINIÓN. Non é unha palabra moi grande pero ten moita forza… tan só son sete letras: número primo o que lle dá non só elegancia senón intensidade. E ademais tan só dous vogais e dúas consoantes… equilibrio e sinxeleza. Oxalá todos opinásemos. Oxalá non calásemos tanto.