Vai sendo hora de volver… ou… Andas por ahí?

Ola… hai alguén aí? Pedrooooo! Andas por aí? Si? Que ben… como me alegro! Facía tanto tempo que non recibía novas túas, que xa pensaba eu que te pasara algo! Pois por aquí todo ben, con moitas gañas de volver. Un pouco atarefado iso si: cousas de casa. Este verán púxenme en plan traballador manitas incansable e ata hoxe.

Deixa que che conte, porque o de volver foi por final de periodo e inicio de novo tempo. Só che digo unha cousa, por fin, logo de meses, empezo a estar algo libre de tempo. Estamos arranxando o piso, que ben lle facía falta, e facela máis nosa, moderna, acolledora. Un baño, as portas, os armarios… e eu decidín que precisabamos un sitio onde traballar, onde escribir, porque si un quere ser escritor, escribir historias, curtas ou longas, contos ou novelas, pois precisa dun sitio onde facelo. E ca teima esta que levo dende o verán, tratando de montar un despacho acolledor e con xeito nun dos cuartos. Metido a carpinteiro. Non chego nin a “Pepe Gotera”. Libraría feita con madeira reciclada dos armarios vellos de parede a parede e todo iso.

Claro que estas cousas sábese cando se comezan… Primeiro foi o dos armarios e portas novas. Agora colleume a moza cun novo encargo, “Temos que arranxar o baño”, e a min tocoume poñerme a picar parede, chan, facer rozas… deixar todo listo para electricista, fontaneiro e albanel. E antes diso pois alá fomos de viaxe a Barcelona.

Hai días que penso se non sería boa idea mandar todo a merda e marchar eu tamén, de paseo, detrás túa, a Aldebarán.

Total, que dende xuño que non che conto nada, pero dime… e ti? Ben que nos coñecemos Pedro! Tampouco sabía nada de ti dende había meses… e abofé que pensaches que eu enfadara contigo. Es como un neno. Recoñézoo. Metéuseme na cabeza rematar primeiro o estudio antes de volver a escribir ou a tocar o blog. Pensei “Catro días para facer todo…” e canta razón que ten a santa de Chus cando di que o de planificar o tempo moi ben non se me da. Catro días… seis meses! Abofé que pensaches que me esquecera de ti… pois non. Así que deixa de romper a cabeza, que eu sei que o fixeches todo este tempo. Ben podías ter escrito para preguntar, non?

Pero nada. Ti tranquilo que xa acabei de volver. Ademais, para que queres saber ti cousas de aquí… co ben que estás ti alá, só, sen ningún idiota a tocarche os collóns, que aquí todo é desgracia tras desgracia. Os políticos, a fame, a guerra, o machismo, o egoísmo… párame que como siga… Hai días que penso se non sería boa idea mandar todo a merda e marchar eu tamén, de paseo, detrás túa, a Aldebarán.

E xa miras ti. Vaites, que a viaxe máis longa que fixen nestes tempos foi, xusto, a Barcelona… pero mira, iso xa cho contarei mañá. Agora xa tes novas dabondo. Veña. Bicos e se aínda non comiches… pois que aproveite!

volver-Catedral de Barcelona
Catedral de Barcelona