De novo, mulleres

Xa pasou o día Pedro e ben podo dicircho, que as Mulleres deste país, así, con M maiúsculo, poden crerse toda a súa fachenda porque ben o merecen, porque o fixeron, porque comprometéronse con elas mesmas e non se decepcionaron.

Mulleres. A metade da humanidade. Aquelas as que o home considera súas. Porque hai que dicilo ben alto: temos moi gravado nos nosos miolos ese concepto, dende hai séculos, milenios. Os homes consideramos, pensémolo ou non, consciente ou inconscientemente, que as mulleres son nosas.

Un libro revelador

Estes días estou enganchado a un libro dunha fermosura brutal. Tanto que moitas veces, a pesares do sono e do cansazo, leo durante horas e horas. En realidade son catro libros. O primeiro chámase “La amiga estupenda”. Foi escrito pola escritora italiana Elena Ferrante, que en realidade é o seudónimo dunha muller que non precisa dar o seu verdadeiro nome para escribir terriblemente ben.

Cóntoche todo isto non só para recomendarche o libro, aínda que non sei como poderías facer para lelo vivindo como vives en Aldebarán, se non por introducir as ideas que me bulen na cachola co galo deste 8 de marzo tan revolucionario. Antonte, cando estaba a uns poucos capítulos de rematar o terceiro libro atopeime cuns parágrafos esclarecedores que se quedaron prendidos nos meus miolos e que me fixeron cavilar neles como o can que roe no oso.

Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona.

Déixame que che conte un pouco de que vai o libro: é a historia de dúas amigas Lenù e Lila, as dúas de Nápoles, dende que son nenas, contada pola primeira delas. A narradora, Elena Greco, é escritora, está casada e con dúas fillas, e por fin decide encararse co seu novo libro… Ela comeza contándolle á súa cuñada a relación cun vello mozo que tivo, que casualmente é nese momento da historia, mozo da súa cuñada. É nese momento no que se decata de que el tratou de instruíla, de transformala, de que fose outra:

“[…]no deseaba una mujer y ya está, sino una mujer como imaginaba que sería él si hubiera sido mujer. Para Franco, dije, yo era una posibilidad de extenderse en lo femenino, de apoderarse de ello; yo constituía la prueba de su omnipotencia, la demostración de que no solo sabía ser hombre del modo correcto sino también mujer.[…]”

De súpeto comprendeu que a muller non tiña nada de seu, que a historia estaba chea de exemplos de mulleres autómatas dirixidas polos homes, que todo o que xurdía das mulleres era transformado polo masculino para o seu proveito:

“[…] me sentía como si tuviera pensamientos truncados por la mitad, atractivos y sin embargo defectuosos, requerían con urgencia una comprobación, un desarrollo, pero sin convicción, sin confianza en sí mismos.”

Por fin, a protagonista, despois de moito investigar, pare unha historia na que o núcleo é o paragrafo que sigue:

“[…] Hice una exposición más bien animada, sin sentirme nunca imprudente. Dios —más o menos escribí— crea al hombre, Ish, a su imagen. Fabrica una versión masculina y una femenina. ¿Cómo? Primero, con el polvo de la tierra da forma a Ish, y le insufla en las narices el hálito de vida. Después forma a Ishá, la mujer, con la materia masculina moldeada, materia que ya no está en bruto, sino viva, y que toma del costado de Ish, cerrándole enseguida la carne. El resultado es que Ish puede decir: Esta cosa no es, como el ejército de todo lo creado, ajeno a mí, sino que es carne de mi carne, hueso de mis huesos. Dios la ha creado de mí. Me ha fecundado con su hálito de vida y la ha extraído de mi cuerpo. Yo soy Ish y ella es Ishá. En la palabra ante todo, en la palabra que la nombra, deriva de mí que soy a imagen del espíritu divino, que llevo dentro su Verbo. Así pues, ella es un puro sufijo aplicado a mi raíz verbal, puede expresarse solo dentro de mi palabra.”

E realmente é así Pedro. Nos queremos imaxinar ás mulleres á nosa imaxe e semellanza, se cadra para sentírmonos un ser completo, un home que tamén sabe ser muller. Ou se cadra, o que acontece é que, despois de milenios, aínda non fomos quen de superar a primixenia sociedade humana dirixida e mantida polos homes ca súa forza e brutalidade.

Ese cambio radical debería ser o noso obxectivo. En outras cousas temos cambiado, por exemplo, o sexo, que hai moito tempo que deixou de ser unha ferramenta da supervivencia para converterse tamén nun xogo, nun obxecto de lecer e pracer, nun xeito de relacionármonos. Ou a comida. Xa non comemos só para alimentármonos.

Mulleres 8M
Manifestación do 8M en Vigo
tomada do Vigo.es


Estes son dous exemplos de aspectos nosos que teñen cambiado co devir da sociedade humana. Pero no básico, a estrutura home-forte que trae o sustento e protexe e muller-débil que coida e trae ao mundo aos descendentes, non, segue igual. E non porque no pasado, nun pasado prehistórico ou medieval, non fora un bo sistema, que non vou a entrar a cualificalo… agora, nestes tempos que case son do futuro, non o é. Xa non é un sistema válido e necesario e debería desaparecer e deixar paso a unha sociedade realmente moderna na que os homes e as mulleres sexan exactamente o mesmo: persoas.

O poder e o cambio

O problema é que se cadra non é tan doado de asumir para os homes, porque iso suporía renunciar a ser os dominadores, os que temos o poder, os que posuímos, segundo a nosa vontade, ás mulleres para que nos sirvan e nos atendan. E non só iso… se cadra, dalgún xeito, entendemos ou envexamos o feito de que toda vida mana da femia, polo que intentamos facelas unha extensión de nos, intentamos que sexan o noso complemento e aínda que moitas veces camiñemos lado con lado, no fondo está tan interiorizado o rol dominante que nin nos decatamos.

Aínda máis grave: os homes usamos este criterio, esta lei empírica, como demostración ineludible e completamente verídica do noso dereito ao sometemento, e creamos as nosas propias xustificacións dándolle categoría e orixe divina: como a historia de Adán e Eva.

Eu propoño un primeiro paso, Pedro, para darlle á volta. Un cambio na Biblia. Abofé que vou soar herético: hai que reparar de inmediato o primeiro libro, o Xénese e adaptalo aos tempos que corren. Xa quedaron atrás os tempos de impoñerlle a Galileo o sistema xeocentrista.

Se a Igrexa foi quen de asumir como propias as festas pagás romanas e celtas, tal como o San Xoan ou o Día de Defuntos, como non van poder asumir este cambio? Porque do que se trata e de facer algo tan simple como borrar a creación tal como se conta actualmente na Biblia, e asumir a ciencia e a evolución como feitos reais que manan da vontade divina. Acaso non dicía Einstein que Deus non xogaba aos dados e que a ciencia deixaba oco para o creador?

Mulleres 8M
Manifestación do 8M en Vigo, Atlántico Diario


Créeme amigo Pedro, eliminar a Adán e a Eva tal como se lles retrata agora, ese “Eva/todas-as-mulleres-que-lle-seguiron sendo simplemente un anaco de carne feito de Adán/todos-os-homes-que-lle-seguiron”, sería un paso que realmente podería cambiar o mundo para eliminar a desigualdade de homes e mulleres. E vaia se funcionaría: pensa na cantidade de xente que cree sen ningún tipo de discusión ou dúbida o que di a Biblia. Así que dígoche unha cousa. Se a igrexa Católica quixera, podería facelo. Xa cho digo eu.

Porque Pedro, como dicía unha pancarta usada onte en Vigo, “Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona”.

Xa para rematar… gústame esta reflexión de Iñaki Gabilondo do ano pasado. É o complemento perfecto a isto…


Iñaki Gabilondo, Mujeres y Hombres