Unha conversa en Barcelona

Conteiche xa que a finais de agosto fomos a Barcelona, á cidade do Mediterráneo, a cidade cosmopolita, a cidade da Sagrada Familia e das Olimpiadas do ano 1992?

Facía moitos anos que eu estaba querendo ir. Non só pola cidade, claro: e logo non sería por coñecidos ou amigos que xa foron a Barcelona e que deixaron ben claro o incrible, marabillosa e fermosa que é! Tamén porque alí vive a miña tía e xa facía anos, e anos, e anos, que lle prometera unha visita. Case se pensou que non quería visitala. E non foi tampouco por gañas de viaxar. Supoño que aínda non dera co momento nin ca persoa ca que compartilo.

Sabes o que nos pasou? Que xusto tiñamos pensado saír dous días antes do atentado das Ramblas e como non decidíramos viaxar con nada pecho, pois pensamos que sería boa idea atrasar a marcha. Total… malo sería non atopar onde durmir polo camiño, non? Total tampouco planificáramos as visitas en Barcelona: a única idea inicial era chegar para ir ás festas do barrio de Gracia, e perdelas si que foi unha verdadeira mágoa.

Eu xa lle dixera que era galego así que entón ela preguntoume si non me importaba falarme en catalán.

Por sorte unha semana despois era a semana das festas de Sans… e habería castels… música… correbous… Ningún dos dous miráramos antes nada diso. Aínda que aquel día estabamos cansos de movernos por toda a cidade, ao final quedamos ata tarde nunha festa que resultou ser moi veciñal, moi popular, moi chea de cor e alegría, e saltamos e berramos cas faíscas e as luces, e rimos e gozamos sen parar ao paso dos grupos de rapaces vestidos de demos.

Castels nas festas de Sans
Castels nas festas de Sans

Pero pasou algo, pasou algo que non é extraordinario nunha situación normal, pero que naqueles días (aqueles días que aínda son os de hoxe) de fastío e de aburrimento con tanta parvada da separación de Cataluña e da unión do país español, para min foi digno de ser contado.

Mentres mirabamos a unha coia facendo uns castels púxenme a falar cunha señora para preguntarlle polas faixas dos homes e das mulleres. Eu xa lle dixera que era galego así que entón ela preguntoume si non me importaba falarme en catalán. Eu contesteille, sen ningún tipo de sentimento de malestar, que non me importaba, todo o contrario, e que si non entendía algo, llo preguntaba.

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

A señora seguiu a falar, esta vez en catalán e ao contrario do que poda parecer, entendíame perfectamente con ela. De súpeto ocorréuseme e díxenlle… “Mire, se vostede me fala en catalán e eu enténdolle perfectamente, eu, se non lle importa, voulle falar en galego! Malo será, non?” E así, contra todo prognóstico, acabamos, aquela muller de Sans, Barcelona, Catalunlla e eu, o Inghlés de Vilagarcía, Pontevedra, Galicia, cada un falando na lingua ca que nos pariran ao mundo e facendo pedazos, sen ningún tipo de violencia, o mito da Torre de Babel e a incomprensión dos humanos.

Así que, que podo dicir, Pedro? Que o que quera entender que entenda e que fale. Que fale moito. En calquera idioma. En Catalán, en Castelán, en Galego ou euskera se lle peta. E en calquera lado, en Pontevedra ou en Barcelona. Que tanto ten porque os únicos que non se queren entender son, como di a canción… “máis só os ignorantes, e férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non”.

Veña Pedro, logo che conto do resto da viaxe por Barcelona. Que teñas bo día!

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans

Correbous nas festas de Sans