10 minutos para o feminismo

Pedro, este vídeo é a historia do feminismo en 10 minutos. Que son 10 minutos da túa vida? Exactamente o 0,00002 %. Nada. Unha miseria. Pouco tempo para perder. Pero paga a pena.


A ti ao mellor impórtache ben pouco. Total, alá en Aldebarán, estás ti só. Alá non hai máis que ti, un home. Porén non hai espazo nin para machismo nin para feminismo. Non hai violencia, nin submisión, nin desigualdade. So hai un ser. Un monolito. Unha singularidade.


Pero aquí na terra… aquí somos miles de millóns, e casi homes e mulleres por igual, pero non iguais. E ademáis hai moita xente que pensa que o feminismo é un ataque das mulleres aos homes. Que o feminismo enfronta ás mulleres contra as súas parellas, contra os seus pais, contra os seus fillos, amigos.

…grao a grao faise unha praia e no mundo hai millóns de graos.


Iso é unha gran mentira dos que teñen medo de que o “status quo” patriarcal desapareza. O feminismo non é un movemento que busca enfrontar aos homes e ás mulleres, menos aínda desequilibrar a balanza para darlle o poder total a elas, porque o feminismo en realidade loita en contra da desigualdade, do machismo, do patriarcado… da violencia que o home exerce cas mulleres.


O feminismo pode enfrontarse contra algúns homes pero tamén contra esas mulleres que, cegas elas, defenden o machismo e ao patriarcado. E entre o feminismo, como non, tamén hai homes, aínda que temos que ser máis. Moitos máis


Así que… como pode alguén afirmar que o feminismo vai en contra dos homes? Agora dime… paga a pena perder dez minutos da túa vida? O 0,00002% da túa vida? Tan só son dez minutos. Nada máis que dez minutos que poden cambiar o teu xeito de mirar as cousas. E ti non es máis que unha persoa, apenas un grao de area, pero grao a grao faise unha praia e no mundo hai millóns de graos..


Ademáis (isto non vai por ti, Pedro), machistas do mundo… non vos esquezades de algo. A humanidade ben pode seguir sen homes. Sen mulleres non. Isto é unha verdade universal e empírica. A supervivencia da especie non precisa dos homes. Pensade niso. Pensádeo ben.


Historia do feminismo en 10 minutos.