Rutina

Ao saír de casa sempre repaso todo o que preciso. O bote con lixivia diluída nun peto polo si ou polo non, o pano na cara, e as chaves do coche para non ter que volver atrás a buscalas se mas esquezo. Logo párome, no rellano, uns segundos. Necesito concentrarme nos seguintes pasos. Parece sinxelo pero en realidade non o é. Atópaste no medio das escaleiras, con media cara tapada, escoitando a túa respiración e para poder mirar o que tocas tes que baixar a cabeza un pouco. Resúltame angustioso.

Cancro, Gaia, biodiversidade e coronavirus

Imaxinade unha colmea de abellas. De súpeto entra nela unha vespa asiática. A colmea de abellas, enteira, lánzase á defensa da colmea. Atacan a velutina con rabia suicida, lánzanse contra ela en masa, para vencela só con números, aplastándoa, se cadra, só por vontade. Ao final as abellas logran reducir, e non escollín esta palabra polo azar, ao invasor.

Brétema, parte 3

Debía agardar e ter paciencia. Enfronte de min a brétema seguía movéndose dun xeito que me fixo pensar que estaba viva. Podía mirar na nebra unha recua de cabalos desbocados, á carreira, saltando os uns sobre os outros converténdose nunha corrente de fume frío, densa e que se retorcía sobre si mesma e esvarando, sin mesturarse, sobre o mar.