Rutina

Ao saír de casa sempre repaso todo o que preciso. O bote con lixivia diluída nun peto polo si ou polo non, o pano na cara, e as chaves do coche para non ter que volver atrás a buscalas se mas esquezo. Logo párome, no rellano, uns segundos. Necesito concentrarme nos seguintes pasos. Parece sinxelo pero en realidade non o é. Atópaste no medio das escaleiras, con media cara tapada, escoitando a túa respiración e para poder mirar o que tocas tes que baixar a cabeza un pouco. Resúltame angustioso.