O inesperado encargo de Armando Keistel (4)

Cando espertou non tiña xeito de saber o tempo que levaba atrapado naquela escuridade. Cunha voz minúscula e asustada pediu axuda. Tiña un pé mancado polo golpe polo que non podía andar e tamén sentía unha dor punzante no peito que lle daba a entender que ademáis rompera varias costelas na caída. De socate escoitou uns pasos no piso superior. Non podía ver nada pero sentía a alguén preto do burato polo que caera. Soou unha voz coñecida. Era a da irmá, Gretel, pero xa non se lle escoitaba nin feminina nin obstinada.

O inesperado encargo de Armando Keistel (2)

“Atopa a Gregorio Samsa.” Non puido evitar que a frase quedara atrapada nos seus miolos, leando os seus pensamentos unha e outra vez, polo que non foi quen de concentrarse en toda a mañá. As doce e dez minutos do mediodía, durante unha inevitable pausa para un té, tomou unha terrible decisión: ás seis da tarde, ao saír do traballo, trataría de localizar, por todos os medios ao seu alcance, á irmá de Samsa, Grete.