Ironía confinada

Abriron os paseos
e os homes correron.
Abriron os paseos…

Tamén abriron os bares
e os homes correron,
correron ás terrazas.

E abriron os centros comerciais
e os homes correron
correron ás rebaixas.

Seica abriron as igrexas
e os homes correron
correron na procura de alabanzas.

E por fin abriron os estadios
e os homes non correron
non, que o futbol,
xa non lles interesaba.