Cancro, Gaia, biodiversidade e coronavirus

Levo días dándolle voltas a unha idea.

Se cadra resúltavos ridícula, pois, en certo modo, non pasa de idea de fantasía ou de ciencia ficción.

Ben. Imaxinade unha colmea de abellas. De súpeto entra nela unha vespa asiática. A colmea de abellas, enteira, lánzase á defensa da colmea. Atacan a velutina con rabia suicida, lánzanse contra ela en masa, para vencela só con números, aplastándoa, se cadra, só por vontade. Ao final as abellas logran reducir, e non escollín esta palabra polo azar, ao invasor.

O que quero dicir é que os organismos vivos reaccionan case de xeito instintivo ante as ameazas. Mesmo nos, o noso corpo, temos os nosos anticorpos e os glóbulos brancos.

A cousa, a idea é… e si a propia terra actuase do mesmo xeito?

Consideremos a Terra, no seu conxunto un organismo. Nos estamos formados por partes vivas, que son as células e que se mesturan en tecidos, órganos, etc, e inertes, que son os osos, o cabelo, as unllas. Poderiamos considerar que a Terra tamén. Cómo organismo único, tería células, que sería cada organismo, organizadas en tecidos, que serían as comunidades de eses organismos, e tería partes inertes, que serían as pedras, os minerais, a auga, a atmósfera…

O paralelismo penso que é bastante evidente.

Polo tanto, seguindo cas evidencias, cos paralelismos, podemos entender que a Terra, cómo conxunto orgánico, ten tamén mecanismos de defensa, non?

E, pregunto, de que precisaría defenderse? Nos moitas veces precisamos defendernos de nos mesmos. É o caso dos cancros. O noso propio organismo crea ao invasor que pretende destruírnos dende dentro. Así mesmo, a Terra podería poder defenderse dun cancro propio, unha parte desbocada de ela mesma que, ca súa actitude e comportamentos desmedidos, pona en perigo. Ese cancro, para a Terra, poderíamos ser nos.

Non é certo, acaso, que somos máis humanos dos que o propio planeta pode soster? Acaso non é certo que nos utilizamos os recursos naturais cómo se fósemos os únicos seres vivos da creación? Non é verdade que o contaminamos e o enchemos dos nosos desperdicios? Non é completamente certo que nos, ca nosa civilización, destruímos o delicado equilibrio que permita que exista vida neste planeta? E non é unha verdade cómo un templo, que a nos todo iso nos importa ben pouco porque somos os reises da creación?

Pois a miña idea é que, igual que o corpo ten anticorpos, e gólbulos brancos e linfocitos e outras cousas, a Terra tamén ten defensas cómo poden ser os virus.

Así, estos días veño escoitando os discursos de científicos que proclaman, con coñecemento e moita razón, que a vacuna, a mellor vacuna para este tipo de pandemias e a biodiversidade. Non vou entrar en explicacións. Se queredes saber máis podedes mirar este vídeo e este interesantísimo artigo.

Non quero extenderme moito máis… hai unha teoría que se chama a Hipótese Gaia. Di que a terra se comporta cómo un sistema vivo no seu conxunto, de forma que a Terra, cómo Gaia, é un sistema autorregulado que mantén en equilibro as condicións esenciais para a vida (temperatura, composición química, salinidade dos océanos, etc), de forma que si non existise dito sistema, si non existise Gaia, na terra non habería vida algunha. Hai quen vai máis alá, e considera que a Terra é un organismo vivo e que as consciencias minúsculas de todos os seres que o habitan, ridículas de xeito individual, convértense nunha consciencia global, nunha forma de mente dese superorganismo chamado Gaia.

Así que, partindo de esta hipótese, pensemos que si somos un cancro para Gaia, para a nosa nai, ao mellor esa nai, o planeta enteiro, está tratando de matarnos, de eliminarnos ou canto menos de controlarnos.

Ahí o deixo. Moito temos que pensar: ao mellor esta non, pero quen sabe que pasará ca seguinte pandemia.

Saude global

#Coronavirus #Biodiversidade #Gaia #Terra